Título: O paxaro do mel
Autor: Adolfo Caamaño
Ano: 2006
País: Etiopía (Abisinia)
Esta obra conta a historia de tres rapaces, un mozo italiano, chamado Mario e un rapaz e unha rapaza dunha tribo de Etiopía(os danákil), chamados Kassai e Yaíza. Mario esta en Nogara, lugar onde vive a tribo de Kassai e Yaíza, porque viu co seu pai, Cornelio, que é explorador. Un día, aproveitándose da ausencia de guerreiros danákil, que estaban de caza, e que o pai de Mario e os seus soldados marcharan a explorar Sudán, un norteamericano chamado Angus Harris, ataca Nogara cuns Zaireños e a súa man dereita, Tafari, que xa estivera alí espiando o pobo. Mario consegue escapar do ataque, aínda que o resto da tribo é escravizada, e decide ir a buscar a Kassai e Yaíza, que estaban de pastoreo. Unha vez xuntos, estes deciden seguir á caravana de escravos para salvar aos seus. Durante a historia atravesarán unha selva moi peculiar e misteriosa e terán que usar o seu inxenio para despistar aos escravistas, deixar un rastro para o pai de Mario e o de Kassai e Yaíza e para resolver os misterios dese lugar.
A
obra estrúturase en 37 capítulos e pode dividirse en 3 partes: a primeira que
correspondería a todos os sucesos anteriores ao ataque a Nogara, na que se
presentan os personaxes. A segunda parte correspondería á persecución de Mario,
Kassai e Yaíza á caravana de escravos, o seu paso pola selva, e a ruta dos país
para encontrar aos seus fillos. A terceira parte corresponde co enfrentamento
definitivo entre os danákil cos escravistas, que leva ao desenlace final da
obra.
A
obra é narrativa e escrita en prosa, ten algún debuxos para coñecer os símbolos
dos que se falan no libro.
Este
libro gustoume porque ten un argumento bastante interesante e ensina sobre un
montón de temas. Tamén reflexa a importancia da familia e o amor que hai entre
os membros desta, así como a necesidade de pensar para saír de certos apuros e
aplicar a intelixencia para realizar un plan ou descifrar un enigma.
O
máis interesante da obra é como os tres rapaces se van apañando para superar
todos os obstáculos do camino, a fame, a persecución dos homes dos escravistas,
etc. Tamén débese destacar que todo está moi ben descrito e un se imaxina con
certa nitidez como sería estar, por exemplo, na selva prohibida. A evolución da
relación de Yaíza e Mario é outra cousa que me pareceu especial no libro. Desde
o punto de vista histórico eu creo que a obra está bastante ben
contextualizada, xa que se ve na obra a superiodade tecnolóxia dos europeos,
esas loitas entre as potencias polo domino de máis territorios e explica como
se levaba a cabo a escravización dunha poboación indíxena. As dificultades que
comezaron a aparecer para seguir levando a cabo o tráfico de escravos noméanse
tamén na obra, de ahí a que os escravistas teñan que ir ao Sudán. Por último,
esta obra tamén nos fala acerca da relixión, da súa historia, e das costumes da
tribo danákil, inda que sexa imaxinaria.
Non
atopei ningún erro histórico na obra que chamase a atención.
Cristian Páramos
Ningún comentario:
Publicar un comentario