-Título: As catro plumas
-Autor: Alfred Edward Woodley Mason.
O protagonista do filme é Harry, un gran oficial do exército
británico. Este renuncia ao seu posto, xa que se sentía sometido a cumplir cos
seus cargos, ademáis da súa posición de incertidume fronte o ataque a
Khartorum, xusto antes dun momento importante: as guerras bélicas en Sudán,
contra unha clase de musulmáns.
A decisión de Harry non gusta á xente do país, polo que
recibe catro plumas: tres que simbolizan o carácter covarde, e outra, de parte
da súa prometida, Ethne. O obxectivo do oficial é devolver esas plumas.
Como Harry era moi admirado e formaba parte do exército,
tiña moitos amigos e grandes compañeiros, e, despois dun tempo depresivo en
Londres en busca da súa motivación e forza, entérase de que o seu exército fora
altamente atacado polos sudaneses e estaban en perigo, entre eles un dos seus
mellores amigos.
Para demostrar a súa valentía, vai a Sudán e alíase aos seus
propios rivais para salvar aos seus. A decisión será digna dun home con valor,
xa que incluso se observa a escena na que os sudaneses lle fan unha marca con
chamas.
En África, tanto en Sudán como en Exipto, vívense momentos
de tensión entre bandos, de africanos (con camelos) e británicos, (con
cabalos).
Nos logros de Harry, tamén encontramos a salvación dun dos
cabecillas do exército británico, que quedou cego tras unha insolación. O que
non entendín moi ben foi por que se fixo o xordo cando o salvou.
Tamén demostrou forzas e empatía cando, despois de salvar ao
seu “compañeiro”, é levado por accidente a traballos forzados, despois dun
encontro con xentes inglesas na costa.
Ao final o filme acaba ben. O capitán Jack volve a
Inglaterra ca súa familia, e Harry, ca súa prometida, despois de que Jack se
dera conta da súa verdadeira identidade, para ir buscalo da tortura.
Dende logo, Harry demostroulles a todos que aquelas plumas
non simbolizaban en verdade o seu carácter.
O que máis me gustou da obra foi posiblemente o final, e o
que menos foi todo o que me custou entedela, xa que non sei nada ou case nada
do tema. Por iso considero que é mellor vela se sabes o que estaba sucedendo.
Tamén observei que se distinguían moitas características
entre os grupos de combate.
Sofía Ferreira Estévez, 4ºESO D.
Ningún comentario:
Publicar un comentario