domingo, 31 de xaneiro de 2021

Tempos Modernos

 


Guionista e director:
escrito e dirixido por Charles Chaplin.

Título: Modern times (tiempos modernos)

Ano: 1936


País: Estados Unidos

 

Análise:

Debido ao ritmo frenético e deshumanizado, Charlot, empregado de clase obreira, vólvese tolo. É hospitalizado e ao saír vese casualmente involucrado nunha manifestación obreira polo que é encadeado. Tamén por casualidade, no cárcere, axuda a controlar un motín e gaña a liberdade. Xa fora, emprende a loita pola supervivencia e namórase. A súa namorada tamén é vítima dun conxunto de fatais acontecementos familiares que a deixan soa e desamparada. Charlot é encadeado de novo e a separación entre el e a súa namorada, esta atopa traballo como bailarina nun café da época. Reencóntranse e os rematan traballando no mesmo bar. Todo parece ir ben cando, e debido á tónica da película, vense de novo perseguidos pola xustiza e escapan, escapada que remata na unión da parella, sendo o amor o remedio de todos os males. 

A modo de comedia, a película fai referencia e critica moi subxectivamente a dura realidade da época.

·       Deshumanización e explotación dos traballadores nas grandes industrias (invención da máquina para comer sen deixar de traballar).

·       Crises obreiras (folgas).

·       Dramas familiares (dura situación familiar, vida de namorados).

·       Diferenzas das clases con máis poder económico e as que menos (aínda que coa escena na que Charlot está esperando na recepción do cárcere e entra o ministro, podemos chegar a analizar que todos somos iguais fisicamente, que o que nos fai dunha clase ou outra é o poder económico).

·       Inxustiza social.

·       Crise económica (esta refléxase na escena na que reabren as fábricas e están todas as persoas aglomeradas intentando conseguir traballo).

·       Que calquera persoa pode realizar calquera traballo, dando igual se tes coñecementos ou non (podemos velo cando Charlot entra por segunda vez a fábrica e, sen ter idea de como realizar o mantemento da maquinaria, é o encargado xunto co “profesional” da revisión da maquinaria que levaba tempo sen funcionar).  

 Conclusión:

Persoalmente esta película fíxome chorar coa risa, pero a vez fíxome recapacitar sobre a situación de todas aquelas persoas e da inxustiza que había naquela época. A modo de comedia, a película fai referencia e critica moi subxectivamente a dura realidade da época.

Para min o cine mudo é un verdadeiro arte para profesionais, porque te que expresarte soamente con expresións faciais e coa xesticulación, polo que o vexo moi complicado. Charles Chaplin fai que as expresións faciais reflexen moi ben a situación. Para min é un grande e nesta película non queda atrás. A miña escena favorita sen dúbida, é cando sen querer bótalle droga a comida, xa que as súas expresións faciais reflexan o que creo que con palabras sería imposible.

Sara Ferreira Pereira

Ningún comentario:

Publicar un comentario