Título: Os corpos invisibles
Autora: Emma Pedreira
Ano: 2019
País: Inglaterra
Esta
obra trata sobre dúas mulleres, unha chamada Prometea Stoner, que é moi
misteriosa e circulan moitas lendas arredor da súa persoa, e outra chamada
Loretta Count, que é unha rapaza de 15 anos que traballa nunha fábrica da
industria téxtil chamada FitzmonguerCorp. Un día, no que Loretta séntase na
valla da Stoner House, casa de Prometea, acaba caendo dentro. Nese momento as
protagonistas coñécense e Loretta faise carteira de Prometea, que lle envía
cartas a unha muller chamada Mary S. A través da lectura desas cartas, Loretta
descubre a doenza e o plan secreto que ten Prometea e como vai levalo a cabo.
A
obra estrutúrase en capítulos aínda que non están marcados por números, e polo
contido a obra divídese en 3 partes: Unha primeira parte de presentación e introdución
dos personaxes que remataría cando Prometea e Loretta xúntanse por primeira
vez. A segunda parte estaría composta polo desarrollo do plan de Prometea e os
seus resultados así como os relatos de Loretta na fábrica, as conversas con
Felicia e Belinda, dúas nenas que forman parte da burguesía, e os viaxes a
enviar as cartas. A parte final corresponde a cando o plan de Prometea chega ao
seu final e tamén cando se inicia unha “revolta” en FiztmonguerCorp, impulsada
por Loretta.
O
estilo do obra é narrativo, escrito en prosa e con cartas nalgúns capítulos.
Creo
que esta obra é moi boa e engancha bastante se a un lle gusta ler, porque
provoca unha sensación de querer saber o que vai suceder a continuación: como
avanza o plan de Prometea, a relación entre Loretta e ela, o que sucede na
fábrica, etc. Tamén porque ensina valores de loita e superación, e nos axuda a
entender como cambiou a vida dende entón, os avances que se lograron para as
mulleres, nas condicións de traballo… que provoca unha reflexión moi profunda.
Os
únicos erros que ten son a existencia da cadeira de rodas motorizada de
Prometea e as operacións para amputar membros e cambialos por outros de xente
morta, que apenas se poden realizar no noso tempo.
Cristián Páramos
Ningún comentario:
Publicar un comentario