xoves, 4 de agosto de 2022

El vendedor de tabaco


Título
: El vendedor de tabaco

Director: Nikolaus Leytner

Ano de produción: 2017

Que reflicte? Esta película refilcte a época de entreguerra, cando Hitler comeza a ter un grande auxe, antes de que estalle a 2º guerra mundial.

Tema

A invasión de Hitler en Austria (Viena 1937), a Gestapo comeza a matar a xente que tenta contra os ideais de Hitler, ambientado nun rapaz de 17 anos, axudante dun vendedor de tabaco.

Comentario

Esta película ambientada en Viena, fai reflexionar sobre o duro que tivo que ser para os Austríacos e Alemáns que non seguían os ideais nacionalsocialistas, que tiveron que ser sometidos ante o gran auxe de Hitler. Na película pódense observar metáforas nas que os pesadelos do protagonista representan o ambiente nesta época, arañas que lembran o avance da ideoloxía nazi, bolboretas asasinadas cando a anexión de Austria á Gran Alemaña corta a liberdade dos seus habitantes.

Valoración final: 

Gustoume moito a peli, sobre todo pola maneira de narrar a historia, as metáforas nos soños do protagonista e tamén o final, no que se lle fai conmemoración a todas as persoas que estaban en contra de Hitler, e foron asasinadas inxustamente.

Sabela Saad Gómez 4ºB

Hitler el reinado del mal

  


Título:
Hitler: El reinado del mal

 Autor:  Christian Duguay

 Ano de producción: Foi estrenada en 2003

 Época do que fala: Esta ambiantada na época do reinado de Hitler

 Tema: Totalitarismo, nazismo, Hitler.

Comentario

 Esta miniserie conta un pouco da vida de Hitler e como foi o comezo do seu reinado. Na primeira parte fala sobre as súas malas experiencias en Austria , a súa participación na Primeira Guerra Mundial e a súa entrada no partido nacinalsocialista. Na segunda parte describe como foi o proceso e o camiño que fixo para chegar a o poder en Alemaña e conta un pouco da súa relación con Eva Braun.

Valoración final

Esta miniserie gustoume bastante xa que é bastante doada de mirar e é moi entretida, xa que só son dúas partes. Gustoume como foi representada a vida de Hitler dunha maneira bastante dinámica, o que non me gustou foi que estivese divida en dúas partes, porque penso que sería mellor nunha soa.

 Sergio Domínguez Araujo 4ºC

 

 

El niño con el pijama de rayas


Título: O neno do pixama de raias

Autor/director e ano de produción: John Boyne, 2006

Tema/ Materia/ Contexto/ Argumento:

Trata sobre a historia de Bruno, un rapaz de 9 anos que creceu como fillo dun comandante do exército nazi durante a Segunda Guerra Mundial en Alemaña, el vive cos seus padres e a súa irmá de 12 anos. Logo de visitar a Adolf Hitler, o pai de Bruno foi ascendido a comandante e con isto comeza a dirixir un campo de concentración Nazi.

Nun principio Bruno moléstase por ter que mudarse tan lonxe de casa (Auschwitz) e con isto perde aos seus amigos. Ao lonxe de onde habita Bruno, logra avistar un campamento onde as persoas usan pixamas de raias. 

Isto lle causa curiosidade e decide un día visitalo e atopa unha curiosa cerca de arame, mentres vai camiñando pola cerca atópase cun niño que se chama Shmuel, comezan a ter una amistade, préstalle os seus xoguetes e lévalle comida Shmueldille a Bruno que o seu papá, o seu avó e seu irmán están con el, pero a súa nai non.

Bruno y Shmuel terminan sendo mellores amigos anque ambos pola súa inocencia no comprenden o que en realidade está sucedendo, pasan os días e Bruno empeza a ver a Shmuel cun rostro máis demacrao e casi famélico, pero non termina de entender o porqué disto xa que non coñece acerca dos campos de exterminio.

Bruno realiza un plan con Shmuel para fugarse deste campamento e intentar atopar ao pai de Shmuel, ó momento en que ambos empezan a buscar ao pai de Shmuel son sorprendidos por uns membros del exército que se encontraban levando un grupo de prisioneiros á cámara de gas. 

En seguida se dan conta que están sendo levados a unha cámara de gas, posterior a eles os padres de Bruno danse de conta de que seu fillo non se encontra na casa e o buscan con moita preocupación, unha vez que atopan a roupa de seu fillo nun lado da cerca se dan conta que seu fillo foi levado á cámara de gas e ao chegar a cámara xa foi activada e mata a todos que están dentro.

Valoración:

O libro conta unha historia conmovedora e cruel, pero non é o que máis me gustou porque é moi previsible.

Inés Estévez González 4ºB

Capitán América: O primeiro vengador


Autor/ director
: Joe Johnston.

Ano de produción: 2011 en Estados Unidos.

Época e materia que reflicte: Segunda Guerra Mundial.

Tema:

En 2011, un grupo de investigadores explora o Círculo Polar Ártico e descobren os restos enterrados dun avión grande. Mentres investigan no interior da aeronave, dous dos investigadores descobren un obxecto conxelado e circular con adornos de cor vermella, branca e azul.

En marzo de 1942, Johann Schmidt, o oficial ó mando da división nazi HYDRA (organización autoritaria terrorista-penal-paramilitar dedicada á dominación mundial ) e seus homes invaden unha igrexa antiga en Tønsberg( Noruega ), en busca dun artefacto misterioso e cósmico coñecido como o Teseracto, que posúe poderes incalculables. O descubrir a verdadeira localización do Teseracto, Schmidt mata o encargado da igrexa xunto con todos os demais do pobo.

Na cidade de Nova York de 1943, Steven Rogers é rechazado unha vez máis polo servicio militar da Segunda Guerra Mundial, a pesar de facer varios inventos en diferentes oficinas de alistamentos, debido os seus numerosos problemas de saúde e o súa débil resistencia física. Mentres asiste a Exposición Mundial del Mañana co seu amigo James Barner, Rogers intenta alistarse novamente. Despois de oír accidentalmente unha conversación entre Rogers y Barnes sobre o seu deseo de axudar na guerra, o Doctor Abraham Erskine aproba a solicitude de Rogers para alistarse como candidato do Proxecto Renacemento, un experimento desenrolado pola Reserva Científica Estratéxica baixo a supervisión de Erskine, o Coronel Chester Phillips e a axente inglesa, Margaret Carter.

Durante o adestramento básico, o coronel Phillips non esta convencido das afirmacións de Erskine de que Rogers sexa a persoa adecuada para o procedemento, pero finalmente o acepta despois de ver que Rogers comete un acto de valentía. A noite antes do tratamento, Erskine revela a Rogers que Schmidt se administrou unha versión preliminar do soro que estaba desenrolando e padeceu efectos secundarios negativos, debido a súa ambición interna polo poder e a obsesión por converterse nun "home superior". Pero, asegura que elixiu a Rogers porque cría que era un bo home e que, por ser débil toda súa vida, non perdería o respecto pola forza que gañaría.

En Nova York, Erskine foi asistido por Howard Stark, quen somete a Rogers o tratamento do Súper-Soldado, pondo nunha cámara especial onde se lle inxecta o Soro do Súper Soldado e se administra "raios vita". Rogers emerxe dende a cámara cun físico mellorado. Despois de presenciar con éxito o experimento, un dos asistentes revelase como un dos cómplices de Schmidt, Heinz Kruger, quen lle dispara a Erskine, causándolle a morte. 

Kruger agarra o último frasco do Soro do Súper Soldado e escapa das instalacións nas calles de Nova York. Rogers comenza a perseguir Kruger, quen marcha nun automóbil, usando a súa nova forza e resistencia ó correr. 

A pesar de intentar escapar nun submarino, Rogers logra capturalo, pero o frasco do Soro do Súper Soldado rompese e o asasino de inmediato suicidase cunha cápsula de cianuro antes de que poida ser interrogado para obter información.

Con Erskine morto e a formula de Súper-Soldado perdida, a SSR recibe a orde de unirse á guerra, pero, Philips decide deixar atrás a Rogers e lle permite ós científicos estudalo nun intento de redescubrir a fórmula de Erskine. O Senador Brandt acercase a Rogers e lle ofrece a oportunidade de recorrer a nación para promover as inscricións no exército, ca imaxe dun soldado forte, un símbolo ideal para o público; Rogers de inmediato acepta a proposta. Durante o seu traballo nos espectáculos, Rogers interpreta a un personaxe coñecido polo público como o "Capitán América". Mentres Rogers continúa de xira por todo o país, o Capitán América empeza a ganar unha gran popularidade entre o público, facendo que a súa imaxe teña aparicións en películas, cómics, e incluso un programa de radio. Co tempo, Rogers empeza a cansarse de desfilar e de non ter un papel máis directo na guerra en comparación os outros que loitan activamente.

Pola súa parte, Schmidt presenta o seu novo armamento impulsado polo Teseracto a tres oficiais nazis enviados para supervisar o seu funcionamento, Schmidt utiliza a arma para matar os oficiais despois de que un destes se dera conta de que Alemaña era un dos obxectivos. Schmidt utiliza este momento para declarar a súa secesión do Tercer Reich, alegando que HYDRA crecería á sombra de Hitler. HYDRA continua sacando enerxía do Teseracto e utilizándoa para crear unha variedade de armas, integrándoa nunha gama de vehículos e outras tecnoloxías, dándolle lixeiramente á facción el potencial para converterse nunha gran ameaza para a guerra, e o mundo en xeneral.

En 1943, mentres estaba de xira en Italia realizando un acto para os militares activos, Rogers enterase de que a unidade do seus amigo, James Barnes, perdeuse nunha batalla contra as forzas de Schmidt. A pesar da insistencia do Coronel Philips na validade da situación, Rogers se nega a crer que Barnes este morto e decide montar una misión de rescate en solitario, recibindo axuda da Axente Carter e Stark, quen o transporta no seu avión ata as liñas inimigas.

Rogers arregalarase para colarse na fábrica principal de HYDRA, onde encontra e libera a maioría dos soldados cativos e comenzan un motín para escapar. Durante o conflito, Rogers descobre que nunha habitación separada, Barnes estaba sendo torturado, tras despertalo o axuda a escapar

con el.

Schmidt, vendo que os prisioneiros estaban escapando e Rogers mentres se move a través das instalacións, pon en marcha unha autodestrución da fábrica para cubrir as operacións de HYDRA e evacuar a outro centro. 

Mentres o edificio empeza a detonar, Schmidt se enfronta a Rogers nunha pasarela alta onde termina revelándolle a Rogers o efecto que tivo despois de utilizar a versión non terminada do Soro do Súper Soldado. Schmidt expresa a súa convicción do que el está por encima dos seres humanos normais, antes de revelar que o seu rostro era so unha máscara, facendo evidente que a súa pel volveurse vermella, perdeu o cabelo e quedou desfigurado, accidente polo cal comenzaron a chamalo "Red Skull". 

Schmidt y Zola logran escapar nun elevador, mentres que Rogers leva a Barnes a azotea onde ambos apenas arranxanse para saír da fábrica antes de reagruparse cos soldados liberados para devolvelos a la base. 

Tras a liberación dos prisioneiros aliados, Rogers gana o respecto e recoñecemento dos seus oficiais superiores como soldado e se lle dá un alto rango, xunto ca oportunidade de loitar como o Capitán América, como unha figura clave na fronte da guerra que se opón directamente a HYDRA.

Rogers recruta a Barnes, Timothy Dugan, Gabe Jones, James Morita, James Montgomery Falsworth, e Jacques Dernier como parte da súa unidade especial coñecida como os Comandos Aulladores, para asaltar as demais bases coñecidas de HYDRA. Howard Stark equipa a Rogers con armamento avanzado, incluíndo un durable e cómodo uniforme, ademais dun escudo circular feito de Vibranio, un metal raro e case indestrutible. 

Nos meses seguintes, Rogers e o seu equipo levaron unha forte ofensiva, sabotando diversas operacións de HYDRA, dando como resultado unha gran frustración por parte de Schmidt. 

Máis adiante, o equipo asalta o tren que transporta a Arnim Zola. Rogers e Barnes se involucran nunha pelexa cos soldados no tren, ata que Barnes cae do tren cara un precipicio e aparentemente morre, mentres que Jones localiza a Zola no tren e o captura. Rogers profundamente afectado pola perda do seu amigo, é convencido por Carter de utilizar a súa dor como motivación para poñer fin a HYDRA dunha vez por todas. O uso da información extraída de Zola, axuda a localizar a última fortaleza de HYDRA, onde Rogers dirixe un ataque para deter a Schmidt antes de que este utilizara as armas que creou co Teseracto para destruír as principais cidades do mundo.

Ca axuda de Phillips, Rogers logra infiltrarse no avión bombardeiro de Schmidt antes de que este despegara por completo. Durante la loita seguinte, Rogers empuxa a Schmidt contra a máquina que conten o Teseracto, a cal queda gravemente danada e provoca que Schmidt tome cas súas mans o Teseracto, so para desaparecer tras converterse nun destello de luz. O cubo cae o so, derretendo todos os niveis inferiores o seu paso, para finalmente caer no océano da Terra. Vendo que non había maneira de aterrizar o avión sen resgo a detonar as bombas que contía, Rogers decide estrelarse. Momentos antes del impacto, Rogers se despide de Carter a través dunha radio e lle promete que bailarán xuntos durante os próximos días. Mentres conversan, a transmisión de Rogers se corta e Carter asume tristemente que el sacrificouse. Stark posteriormente dirixe varias expedicións no océano co fin de encontrar a Rogers, pero só logra recuperar o Teseracto do fondo do mar. Pero, todos os seus intentos foron inútiles, xa que non consigue atopar a nave estrelada de Schmidt.

Moito tempo despois, Rogers desperta nunha habitación ambientada nos anos 40. El deduce que algo anda mal, xa que el estivo presente no partido que se relata na radio. Rogers decide fuxir ata o exterior do edificio, onde se encontra cunha Times Square moderna na cidade de Nova York.

Momentos despois chega Nicholas Fury, quen lle informa que estivo durmido por case setenta anos. Rogers respira profundamente e tristemente revela que tiña unha cita.

Opinión persoal:

Esta película ambienta perfectamente a época, é unha peli que me gustou moito.

Sabela Fernández Puga 4ºB

Frantz


Película: Frantz

Esta película trata durante a época de entreguerras. Conta a historia de Anna unha xoven alemá a cal perdeu o seu prometido na guerra, e Adrien un xoven francés o cal tivo un encontro con Frantz (o prometido de Anna).

Adrien va un día a Alemaña ca intención de encontrarse ca familia de Frantz e contarlle unhas cousas del.

O pai de Frantz, que é medico, consultou sen saber que era francés, cando descubriu que era francés negouse a seguir falando con el, debido a que lle bota a culpa aos franceses da morte do seu fillo.

Anna termina tendo sentimentos cara Adrien, pero Adrien segue gardando un segredo que sabe que no momento no que o conte, xa non tería o cariño de Anna e o aprecio dos pais de Frantz, xa que este contoulle que era amigo do seu fillo, e que estivo con el antes de morrer.

O segredo que este tiña era que non coñecía de todo a Frantz e que el foi que o matou na guerra, pero sentiuse moi culpable sobre iso e decidiu coñecer a familia da persoa que matou para intentar superar ese recordo.

Adrien contoulle o segredo a Anna pero Anna non llo contou aos pais de Frantz, xa que sentía que el non tiña a culpa, era o que tiña que facer neses momentos.

Anna volveu a Paris onde supostamente esta Adrien para falar con el, pero este non estaba alí, buscou e investigou ata que deu con el. 

Pero Adrien estaba xa prometido, e o seu amor era imposible.

Opinión. 

Parece unha película bastante boa na cal se mostra como pasaron ambos bandos enfrontados na 1 Guerra Mundial.

Como o pasaron os familiares dos falecidos e como o pasaron os militares e as persoas que participaron na guerra, e o trauma que puideron ter algúns. 

Yanira Rodríguez Fernández 4ºC

Los últimos zares


Título:
Os últimos zares.

Autor/director: Adrian McDowall Gareth Tunley

Ano de produción: 2019

Época e materia que reflicte: Revolución Rusa 1917

Tema: De como o zar Nicolás II, leva a Rusia á ruina seguindo os consellos de Rasputin e desencadeando a revolución rusa.

Resumo:

A principios do século XX, o tsar Alejandro II morre , polo que o seu fillo Nicolás convírtese en tsar de toda Rusia. Este é un mozo que non ten experiencia en reinar polo que pouco a pouco rodeado de malas compañías levara a Rusia a unha revolución.

No primeiro capítulo podemos ver o funeral de Alejandro II , pero logo xa vemos como a nai de Nicolás intenta buscarlle unha esposa, e a encontra, Alejandra Fiódorovna Románova ( de orixe alemá) sería a esposa do tsar ata a súa morte, e tamén sería unha das responsables de todo o que saiu mal no imperio.

Nicolás e Alexandra teñen 4 fillas , pero ningunha poderá continuar a dinastía xa que son mulleres. Polo que intentan varias veces ter un fillo varón, e o consiguen, pero este posúe unha condición chamada a hemofilia , que se caracteriza polo desangramento rápido por un mínimo corte , polo que o futuro tsar non podería ir a guerras , tería que ir escoltado etc ou sexa un pesadelo para a dinastía Romanov. Non pensaron en intentar ter máis fillos , porque Alexandra xa estaba un pouco vella .

Un día Alexei , vai ao campo e faise unha ferida , polo que empeza a desangrarse moi rapidamente , os zares enloquécense pero ningún médico pode axudalo. Ata que aparece Rasputin, él era un místico orixinario de Siberia, e que era famoso por curar todo. Nicolás púxose en contacto con él , sen saber que este levaría ao seu imperio a perdición.

Este salva a Alexei , polo que a zarina está nun estado de gratitude con él, e comezase a achegar a él. Rasputin ten unha gran influencia sobre Alexandra e esta sobre o tsar , polo que Rasputin facilmente pode manipular a esta familia real. O pobo ruso decátase disto e empezan a dicir que a zarina ten relacións con Rasputín etc o que leva a Nicolás a botar a Rasputín fóra.

Alexei volve a caír , polo tanto necesitará a axuda de Rasputín , Nicolás é obligado a traer ao místico de volta e así comeza un círculo vicioso que desencadeará a revolución das clases populares a causa das malas reformas do tsar influenciada polo monxe. 


Valoración:

Esta serie pareceume moi boa xa que explica bastante ben como foi desencadeada a revolución de 1917.A parte, a medida que transcurre a serie, hai historiadores polo medio que explican como era en realidade todo. Non acabeime a serie (por iso faltanme outros aspectos históricos) pero a recomendaría moito.

Ana Bernárdez Colaci 4C

Anne with an e


TÍTULO: Anne with an e

DIRECTOR: Niki Caro

ANO DE PRODUCIÓN: 2017

ÉPOCA E MATERIA QUE REFLICTE: Reflicte o século XIX, tema 5.

TEMA: Uns irmáns adoptan a unha rapaza para que os axude na súa granxa

· RESUMO:

Anne with an e é unha serie basada en Canadá no ano 1896 en Avonlea, unha illa de Canadá.

Os irmáns Cuthbert, Matthew e Marilla, deciden adoptar a un rapaz orfo, pero cando Matthew foi recollelo a estación de tren resultou ser unha rapaza, Anne. 

Anne era unha rapaza imaxinativa e creativa e gustáballe moito ler, era un tipo de persoa que non encaixaba nesta sociedade ou que simplemente non estaba de acordo con algunhas cousas. Aínda que foi complicado convencer a Marilla de que Anne se quedara, xa que eles querían home para poder facer cousas que supostamente as mulleres non podían facer, a convenceron e Anne quedouse.

Os orfos non eran ben tratados naquela época e despreciábanos, a maioría de xente, por iso a Anne custoulle un pouco adaptarse a escola.

Pero Anne coñeceu a Gilbert e a Diana. Gilbert converteuse rápidamente no seu amigo xa que el non a trataba mal coma o resto, e tamén tiña moitas cousas que dicir da sociedade, e Diana converteuse na súa mellor amiga rápidamente, aínda que ela era dunha clase máis alta e tiña todo o seu futuro organizado polos seus pais, coma casarse e ser unha muller de casa. Pero ao longo da serie faise valer e escuitar para facer o que ela quere.

Esta serie trata da vida e desenvolvemento destes personaxes e outros que van aparecendo despois.

É unha serie onde se pode apreciar perfectamente como é a época, sobre todo socialmente. Apréciase a amistade, a desigualdade de xénero, ao colectivo LGTBI que estaba moi mal visto....

· VALORACIÓN:

Para min esta serie foi todo un descubrimento, xa que cando miras que unha serie ou película está basada no século XIX non pensas nisto, e sorprendeume moito. É unha serie preciosa onde aprendes e valoras o que temos hoxe en día, como máis igualdade de xénero, os dereitos humanos, unha maior visibilidade e aceptación do colectivo LGTBI...

Apréciase perfectamente como era aquela época e inda así é unha serie que engancha coa trama dos personaxes. Eu recoméndoa ao 100%.


Gabriela González Veloso 4ºC