Título orixinal: Yapian zhanzheng (The Opium War)
Ano: 1997
País: China
Dirección: Xie Jin
Esta película chámase “As Guerras do Opio”, está ambientada na China do século XIX, durante as guerras anglochinas causadas polo comercio libre de opio con China gracias a unha gran dependencia da población a fumar esta sustancia desde a chagada dos ingleses.
É unha película chinesa, dirixida por Jin Xie, e feita a finais dos anos noventa do século XX, dura aproximadamente 2 horas.
Esta obra dramático-bélica, está ambientada no que serían as cidades ou pobos chinos, e o intento de acabar coa primeira drogodependencia que se coñece, o opio, os intentos dos chinos para frear o avance desta droga, pero manter o comercio con Reino Unido e a paz sen chegar as armas resultan nulos, xa que Gran Bretaña está moito máis avanzada que eles en canto a barcos e armamento bélico, e saben que poden acabar co exército chino moi facilmente, aínda que tamén son conscientes de que non poderían conquistar China, posto que era un lugar moi grande o cal eles non podían ocupar.
No filme podemos ver como ingleses e chinos idean tácticas para ser máis listos que os rivais, aínda que apreciamos tamén as diferencias culturais porque non teñen o mesmo punto de vista nin a mesma forma de entender as accións dos seus rivais. Na miña opinión a película está ben ambientada e axudoume a coñecer ademais de como vivía nesa época os chinos, debido a que eu non coñecía esta guerra nin moita da información da película, tamén as consecuencias graves que poden traer unha simple decisión que para outros e boa.